TRAZAMARE é un sistema integral para a valorización de peces e mariscos provenientes da pesca artesanal, marcando e trazando de forma individual cada unidade que se comercializa. É, ademais, unha potente ferramenta de mercadotecnia dos peixes e mariscos etiquetados. Con este sistema os produtos pesqueiros quedan identificados baixo unha imaxe ao longo de toda a cadea comercial, favorecendo o seu recoñecemento no mercado e creando valor engadido desde orixe. PROBLEMÁTICA ACTUAL Na actualidade existe fraude na identificación do peixe e do marisco:

  • Na súa procedencia: caladoiros noutros países.
  • Nas técnicas de pesca empregadas para a súa captura: non artesanais.
  • Na especie que realmente se está comercializando.

QUE APORTA TRAZAPEIXE?

  • Trazado individual de cada peixe ou marisco dende que sae do mar ata que se consume.
  • Xeración de etiquetas individuais adaptadas a cada especie.
  • Comprobación da procedencia do produto. O consumidor final, cada vez que adquire una unidade etiquetada, pode comprobar a súa procedencia e o resto de características (data de extracción, barco,…) a través dunha web desenvolvida para ese fin, mediante dispositivos móbiles (iPhone, Android, iPad,…), ou mediante un ordenador. Desta forma garántese a orixe do produto.

 

Trazamare. Esquema completo de funcionamiento